Natural de Castroverde, Lugo e residente en Bilbao, realicei o Grao en Belas Artes na Universidade de Salamanca e o Máster en Arte contemporánea, tecnolóxico e performativo na Universidade do País Vasco.
A miña obra xira ao redor da identidade, os avatares e a performatividade cuir, cuestionando como nos representamos ante o mundo. A miña pintura actual profundiza precisamente nesta relación coa figura do avatar e a representación humana, servíndome dela para explorar as identidades cuir no eixo do ocio e do traballo.
Este interese transpórtase tamén ao ámbito do deseño industrial, no que me atopo a especializarme, cunha atención particular á iluminación. O meu obxectivo aquí é investigar como creamos espazos íntimos e persoais que definen a nosa habitabilidade.
Traballo entre o analóxico e o virtual: dende a pintura e a colaxe ata o videoarte, a realidade aumentada ou o 3D, creando universos onde ambas dimensións dialogan.
Destaco as exposicións de: 'Perdona, pero parece porno, piénsatelo' e 'Y para ti, ¿Qué significa horizonte?'.
Participei no Encontro de Artistas Novos 2022 e na Design Research Society 2022. Un dos meus últimos proxectos públicos consta nunha colaboración entre a Universidade do País Vasco e a London College of Communication, un traballo sobre o pasado, o presente e o futuro sobre a Erribera de Deusto na ría de Bilbao tendo como resultado una exposición no Bizkaia Aretoa de Bilbao e outra no London College of Communication; levando por nome 'Images Community and Partnerships in Practice'.
En conxunto, o meu traballo actual céntrase en dous eixos: por unha banda, a procura de representacións cuir a través da pintura, indagando na súa relación co ocio e o traballo; e por outra, a especialización en deseño de iluminación, onde investigo como a luz configura espazos íntimos que nos permiten habitar o mundo dun xeito máis persoal.